Universidade de Vigo
Cabeceira
Inicio

Aviso ós usuarios con páxinas web no servidor webs2.uvigo.es

Aviso de actualización do espazo web webs2.uvigo.es

Debido á obsolescencia do servidor web webs2.uvigo.es e, por tanto, á falta de seguridade do mesmo, este actualizarease o vindeiro 20 de febreiro de 2018.

Se ten unha páxina aloxada en webs2.uvigo.es pode probar o funcionamento da súa páxina web neste novo entorno en http://usuario.webs5.uvigo.es

Nesta ubicación hai unha copia dos aloxamentos web en webs2.uvigo.es do día 16 de xaneiro de 2018 (para ver as versións de software no novo entorno e o contido da base de datos https://portal.webs5.uvigo.es)

Se considera que o funcionamento no novo entorno (http://usuario.webs5.uvigo.es) é correcto pode indicalo á dirección sistemas@uvigo.es, o espazo web moverase entón, cos contidos actualizados, á nova ubicación, máis segura e con menores problemas de rendemento.

En todo caso o día 20 de febreiro de 2018 o entorno webs2.uvigo.es será actualizado a estas novas versións de software.

Espazos web compartidos da Universidade de Vigo

Características principais

  1. Pode solicitar o espazo calquera usuario cunha conta no dominio uvigo.es (contas do tipo usuario@uvigo.es)
  2. O usuario non ten por qué efectuar tarefas de mantemento fora da súa propia aplicación
  3. Actualización automática do contorno (sistema operativo, intérprete de php, servidor web) e mantemento do mesmo por parte do ATIC
  4. (advertencia) Require a responsabilidade por parte do usuario de manter actualizado o seu espazo web
  5. Non se garante o aillamento entre aplicacións aloxadas no mesmo servidor:
    1. En principio unhas aplicacións non verán os datos das demáis, pero dado que o contorno de execución é común non se pode garantir por completo este aillamento: as versións de software (php, servidor web, base de datos) e o software en execución (intérprete de php, servidor web, servidor de bases de datos) serán os mesmos.
    2. Limitacións no software dispoñible.
    3. Prestarase o servizo cunhas versións de software comúns a todos os espazos web e que se publicarán e manterán actualizadas no portal web (http://usuario.webs.uvigo.es/portal/).
    4. (advertencia) Actualizacións automáticas do software: Para poder garantir a seguridade das aplicacións aloxadas e, en xeral, da rede informática da Universidade de Vigo, o software do servidor (servidor web, intérpretes de páxinas web dinámicas -PHP -) será actualizado periódicamente. Avisarase ós usuarios previamente, pero non se revisarán as páxinas web destes nin se garante que estas segan a funcionar do xeito esperado posteriormente á actualización, correndo de parte do usuario a detección dos erros e a corrección dos mesmos se isto se fai necesario.
  6. Non se darán servizos de hosting adicionais:
    1. Acceso por terminal ó servidor
    2. Mantemento ou corrección de erros en aplicacións
    3. Consultoría sobre aplicacións web

Características completas do espazo web compartido (* acceso só para usuarios autentificados)